lunes, 21 de junio de 2010

Aposta polo futuro

O goberno que preside Alberto Núñez Feijoo é coherente e consecuente coa realidade que estamos a vivir.
Principiou a súa andaina ó fronte da Xunta fixándose un plan de austeridade que permitiu colocar a Galicia nunha posición relativamente aventaxa con respecto a outras comunidades autónomas e o propio Estado no seu conxunto, mantendo o déficit no un por cento e sen que ese axuste conlevara unha drástica rebaixa na capacidade inversora da administración e moito menos un recorte no gasto social. De feito, permitiu aforrar 144 millóns no gasto corrente que permitiron financiar inversións productivas e reforzar o gasto social xenerador de emprego.
Agora, en consoancia coa traxectoria iniciada, vén de presentar un plan estratéxico que, coa vista posta no futuro a corto e medio prazo, márcase como principal obxectivo contrarrestar os efectos da crise.
Serán 46 mil millóns de euros encamiñados a fomentar a creación de emprego de calidade e a aumentar a cohesión social, económica e territorial de Galicia, que permita acometer a segunda modernización da nosa comunidade autónoma.
Tenta ademais sentar as bases dun propósito moito máis ambicioso: converxer con Europa. E para elo, fixa prazos e metas concretas. Acadar en 2014 o 95 por cento da renta media europea (agora estamos por debaixo do 90%) e en 2020 chegar ó cen por cen.
Como xa teño dito en moitas ocasións, hai maneiras moi distintas de gobernar. O estilo Zapatero basease na improvisación, a imposición e sobre todo en actuar sempre a destempo. O proceder de Feijoo é, pola contra, consecuente e sobre todo responsable. Fuxe, pese ó control do gasto que practica, de atentar contra o estado de benestar ó que con tanto esforzo nos costou chegar.
Ese é o camiño, poñer as bases e asumir o compromiso político de converter a flaqueza de hoxe en fortaleza mañá. De prepararse para que, cando a economía repunte, estemos situados no pelotón de cabeza e cos deberes feitos.

6 comentarios:

RebenM dijo...

Zapatero fixo da súa xestión un problema para todos precisamente por aplicar as recetas erradas. Negou a crise, evitou adoptar calquer tipo de medida para combatila e seguiu despilfarrando ata que non tivo máis remedio que rectificar porque a situación é insostible. En Galicia pola contra as receitas son moi distintas e o resultado esperanzador. Feijoo está acertando.

omnium dijo...

Evidentemente, el planteamiento es correcto. Galicia padece, al igual que el resto de España, las consecuencias de la crisis económica internacional, magnificadas por seis años de Gobierno absolutamente demencial de José Luis Rodríguez Zapatero.

El descontrol del gasto público y la falta de rigor presupuestario nos han hundido en un barrizal del que va a resultar muy difícil salir. La obligación del Gobierno de Feijóo es hacer todo lo que esté en su mano para que, en aquella parte que le toca, Galicia sufra lo menos posible las consecuencias de la crisis, se recupere cuanto antes, y se encuentre al final de la misma en la mejor posición posible.

De paso, y aprovechando el muy notable caudal de confianza que el pueblo gallego ha depositado en Alberto, aprovechemos para corregir algunos desfases en la Administración gallega, ya anteriores a Zapatero y al bipartito, que tienen muchas culpas, pero tampoco todas. Galicia tiene algunos problemas tan añejos, tan añejos, que son incluso anteriores a D. Manuel Fraga, y quizá sea ahora el momento en que puedan solventarse, si no total, al menos parcialmente.

Y, sobre todo y por favor, que ese Plan Estratégico, sin duda indispensable, y que bien dirigido puede constituir el elemento nos ayude a garantizar el futuro, no se transforme en una línea de subvenciones más. Hay que incentivar la actividad productiva; ayudar a que los distintos sectores (agrario, industrial, pesquero) alcancen la eficacia. Lo que en muchas ocasiones se ha hecho, que es ayudarles a sobrevivir manteniéndolos en la ineficacia, no es más que un sumidero interminable de dinero público. Pan para hoy y hambre para mañana. Y lo dice quien nada sabe de economía.

Puede que ello entrañe la toma de decisiones difíciles, pero, incluso éstas, es mejor tomarlas con margen, con previsión, antes de tener que hacerlo cuando tienes al agua al cuello. Que se lo pregunten al siniestro Presidente del Gobierno de España.

Anónimo dijo...

gobernos coma os de D.Manuel fraga son correctos, e como non o de Alberto Nuñez, exemplo de auteridade de traballo e de dedicación o pobo galego. Esperemos que un galego chega aMoncloa e se recupera esa epoca de 96.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Ano 2008 EE.UU. epicentro do problema. Aveciñábase a crise financiera mundial. Para uns expertos, como o termo propiamente de crise carece dunha definición técnica precisa, vían que non se trataba dunha crise, é ían máis lonxe considerando unha gran oportunidade para medrar.

Máis adiante, xa comezou a falarse de recesión. E aquí en España de pequena desaceleración no sistema financieiro. Cando dous anos máis tarde, se recoñece como a maior crise financiera e económica mundial, dende o crack da bolsa de Nueva York no 1929.

E semella que non aprendemos dos erros. Unha crise financiera que tocou ao sector inmobiliario, aquí en España, com todo o que iso conleva, e despois ao sector automovilístico, e así sucesivamente ata tocarnos a cada un de nós, vivir esta crise en primeira persoa.

Todo isto ante a pasividade dun goberno, que foi incapaz de propoñer solucións, e de atallar o problema. Negando por activa e por pasiva a realidade social, e manipulando datos e estadísticas ao seu antoxo.

17 meses despois, ZP, recoñece que xa non se teata dunha desaceleración económica, e emprega por primeira vez o termo crise, para referirse a situación social, económica de España.

Incapaz de dar solucións, e mostrando cada día que pasa dita incapacidade, pon parches ao problema, ou ben, desvía a atención, do epicentro da crise, para centralo noutros aspectos, que van dende o aborto, ata o ministerio de defensa ou a lei do cine español, os 400 euros ou os cheques bebés. Sinceramente dá igual, o caso é ter calquera escusa para alonxarnos da realidade.

Cando xa non se poden pór máis parches, e cando as cortinas de fume non dan o resultado desexado. O que fai é cambiar o goberno, sorprendente dimisión de Solbes e sorprendente que o secretario xeral, acabe sendo ministro de fomento, e digamos, man dereita ou escudeiro fiel, do seu presidente, ZP.

Pero o novo equipo de goberno segue cometendo os mesmos erros cos seus antecesores, e entón, e cando argumentan que foi a dereita a que nos levou a esta crise. Teoría apoiada por Iñaki Gabilondo, ese periodista tan imparcial. Como esa teoría, rozaba directamente o ridículo, pasouse a dicir que a oposición non apoiaba as propostas do goberno de ZP, e que aprobeitaba a crise para facer política.

E agora atopámonos na situación na que estamos. Cando outros países se están a recuperar, España é un dos países da zona euro máis castigado por ista crise, e a política socialista, estanos a fundir máis no fango.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: 730 días para propoñer algunha solución, para levar ao congreso algunha proposta, para manter a tranquilidade da cidadanía. E absolutamente nada se fixo, nada de nada. E se se fixo foi para empeorar o que antes xa estaba de por sí demasiado torto.

E a todo isto, mentres istes seguían no seu mundo, o desemprego durante o 2008 medrou a unha velocidade de vértigo. As empresas presentaban os xa famosos EREs, sector da construción en caída libre, e o famoso boom inmobiliario. A iso sumámoslle a crise de Caixas e de algún banco, especialmente a Caja Castilla La Mancha.

Ano 2009, 16 de Abril, Alberto elexido Presidente da Xunta de Galicia, e a sociedade galega castiga duramente ao Bipartito e a súa xestión. Socialistas e nacionalistas saíron claramente derrotados, e con 38 escaños o PP, volve a gobernar no parlamento galego. Aviso para ZP. E duro pao para o PSOE. E nestes meses, demostrou o qué é gobernar, sendo capaz de darlle verdadeiras leccións a ZP de cómo hai que afrontar os problemas. Aos cen días do seu nomeamento xa se facían balances moi positivos, e a día de hoxe, podemos afirmar que é un gran presidente e un magnífico xestor, o seu Plan de Austeridade así o demostra. Evidentemente, estamos fastidiados, pero temos confianza no noso presidente autonómico e na súa xestión. E o Plan Impulsa para Lugo así o demostra, deixando de ser a provincia esquecida de Galicia.

E o que mostrou Alberto, é precisamente esa coherencia, á que fas mención, Xosé Manuel. E é a que nos fai apostar e confiar nas súas decisións. Precisamente e sinxelamente por iso, porque é coherente coa realidade social que se está a vivir.

“La gente debe nuevamente aprender a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado, la arrogancia de los funcionarios públicos debe ser moderada y controlada, y la ayuda a otros países eliminada para que Roma no caiga en la bancarrota. El presupuesto debe equilibrarse, el Tesoro debe ser reaprovisionado y la deuda pública disminuida” (Marco Tulio Ciceron) Año 55 A.C.

O camiño de Alberto é o correcto, é o axeitado, e é o que debemos percorrer para asentar as bases do seu compromiso político así como do seu contacto coa realidade que estamos a vivir os galegos/as e o seu Plan de austeridade de Alberto contrasta radicalmente coa política improvisadora de ZP e a súa mala e nefasta xestión ao fronte do goberno. Sen ideas, sen propostas e sen solucións, ten todas papeletas para pasar a ser o líder, líder da oposición. Así que como ben titulas, no teu artigo, apostemos polo futuro.

“There are times when all the world's asleep,
the questions run too deep
for such a simple man.
Won't you please, please tell me what we've learned”. (Rick Davies, vocalista e compositor do grupo de rock inglés, Supertram)




ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!

Manuel dijo...

En esta vida, solo hay que tener un poco de sentidiño
y los Gallegos están viendo como un gobierno del PP está haciendo , y bien, las cosas que otros hicieron mal o deshicieron
Si al Presidente hay que reconocerle una cosa es la de saber llegar a los ciudadanos con un mensaje claro y comprensible, sin medias tintas
Animo a Feijóo y a ti especialmente, Jose Manuel, a seguir ese camino , que es el que garantiza los éxitos venideros
trabajo, sensillez y mas trabajo