lunes, 8 de noviembre de 2010

Sen cambios

Cando Alfredo Pérez Rubalcaba se estrenou como sustituto de Fernández de la Vega dixo que o goberno que preside Rodríguez Zapatero tiña un presidente e 15 voceiros.

Daquela non fixo alusión algunha a que o discurso de cada un dos ministros-voceiros ou voceiros-ministros non terían necesariamente que ser coincidentes.

Fixo ben ó non mencionar tal homoxeneidade porque, transcurridos menos de quince días da remodelación gubernamental, voltamos as andadas e os discursos distan moito de ser concordantes, por non dicir directamente contradictorios.

Zapatero, eso si, fiel o seu optimismo, continua empecinado en asegurar que a recuperación económica, de tan próxima, case pode tocarse. Na apreciación coincidiu tamén Elena Salgado. O novo ministro de Traballo, nembargantes, desmarcabase do discurso oficial e recoñecía que esa esperada melloría non é tan inminente como para que poida concretarse na creación de emprego. Os datos, ó pouco, confirmaron o seu vaticinio.

A realidade, igual de terca que Zapatero, rebate, unha e outra vez, a confianza que intensamente esgrime o presidente coa ilusa ilusión de que alguén, a estas alturas, o crea.

Así que, desgraciadamente, a inflación medra por riba do dous por cento e confirmouse o estancamento da nosa economía no terceiro trimestre, consecuencia directa do incremento do IVE. Algo do que xa advertín eu, de xeito reiterado ademais, á ministra Salgado e que o propio Javier Vallés, xefe da oficina económica do presidente do goberno, recoñeceu abertamente, e ratificou despois o Banco de España.

O Fondo Monetario Internacional pronosticou que España non cumplirá co obxectivo de déficit fixado para 2013, o que implícitamente vén a dicir que o goberno, queira ou non, verase obrigado a implementar novas medidas de axuste.

As contas, polo tanto, que bota Zapatero chocan, unha e outra vez, co día a día. Mesmo resultará máis difícil, máis caro por tanto, colocar a débeda pública como consecuencia dun novo repunte da prima de risco. Rusia, por exemplo, xa se negou a comprar máis débeda española. A desconfianza dos mercados terá algunha razón de existir: non acabamos de xerar a confianza suficiente e as medidas adoptadas ata o momento tampouco serven para reactivar a actividade económica.

E mentres o deterioro xeral avanza, o novo gabinete gubernamental segue a senda improvisada e contradictoria iniciada polos seus antecesores.

Cando poñerán pé en terra e aportarán solucións?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Non se esperaba outra cousa, tí ben o dicías no teu post anterior, é só un cambio de caras pero non de política e, si mo permites, tampouco de xestión porque non existe.
Os cambios que fixo o presidente non foron para cambiar de política porque se decatara dos seus erros, non, foron para atacar ó PP, porque, eso sí é certo, o novo equipo é máis político máis cañero. De aquí ás eleccións xa sabemos o que nos espera, permíteme o símil: van entrar cos tacos por diante, van regá-lo campo ata convertilo nun lameiro, van comprar ó arbitro, van usar os policías que están na banda para que de cando en vez lle metan "unha viaxe" os carrileiros do PP que máis se desmarquen e, por último, só van botar por televisión os goles do goberno. PSOE en estado puro, coma con Felipe pero máis burdo. Pero non hai que perder folgos, hai que seguir contando a realidade á xente e non esperar deles solucións. POrque non as teñen, pura e simplemente.

José Ángel dijo...

Amigo Barreiro, quen esperaba un cambio con estes gobernantes? Supoño que aqueles que seguen a confiar neste paupérrimo executivo que nos está levando a maior crise que recordamos.
Crían que co cambio de caras todo ía cambiar, pero pola cara bonita destes señores e señoras, inda que non é o caso, as cousas non se amañan.
Este país necesita un cambio de rumbo xa. Precisamos que este goberno desapareza da escena política para que non nos continúen a danar como o están a facer.
Nas mans do Partido Popular está o cambio de rumbo, nas vosas mans está a recuperación económica. Empezando por Lugo, como xa aconteceu en Galicia, e logo acadando o goberno central.
España quere cambio, todos queremos o PP no goberno.

JTIRIMOL dijo...

Cando os argumentos ocialistas en tódolos eidos son imaxinarios, irreais e baseados na fantasía, acontece o que está a acontecer. sempre dixen que dende fai xa bastante tempo se estaban adiacando moito a andar polas nubes enon baixar á Terra para ver os problemas e as realidades cotiás do quefacer diario de tódolos/as cidadáns. semella que en vez de facer política, tentar arranxar todo o que se encargaron de torcer, e cambiar (tanto o equipo de goberno) como calquera outra cousa que vaia mal, estanse adiacando a estudar as definicións de Marcel Schneider, ou os estudos de Guy de Maupassant ou lendo os escritos de Tzvetan Todorov, porque se antes baseaban toda a súa política nunha improvisación constante que tiña como víctimas aos cidadáns, agora ademais desa improvisación constante, continúa e en forma de espiral, engadese a fantasía, engádese a ilusión que é desilusión para todos/as nós. Non sei se se están rindo de todos/as nós, ou é que son tan malos facendo o seu traballo, que este é o reflexo do mesmo. Sinceramente, en algúns asustos (como iste) non merece a pena gastar unha mínima gota de saliba pra evitar un debate que ten que ser inexistente. Siguen polas nubes, nós metidos no fango, e a súa credibilidade esfúmase como a néboa cando chega o sol. Gandhi, dicía "Nosotros mismos debemos ser el cambio que deseamos ver en el mundo", e Nisargadatta afirmaba que "El futuro dejado a sí mismo, solamente repite el pasado. El cambio sólo puede ocurrir ahora". así que Xosé Manuel, con este panorama, como vai haber cambios, o único cambio posible é un cambio de goberno, e mandar a estes progresistas millonarios, a estes socialistas mentireiros á oposición, e se é posible que endexamais salgan dela, porque cada vez que saen é para pór ao país patas arriba. Non hay frses de Rock porque ao igual cá min seguimos en luto, menos mal que para Xaneiro os Rolling stones entran a grabar novo disco, igual para o ano aparece a luz ao final do túnel. Sen Cambios, e logo ¿que esperabas?.








¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!

omnium dijo...

La respuesta a la pregunta con la que José Manuel cierra el encabezamiento del blog es bien sencilla: nunca.

Este Gobierno no pondrá jamás los pies en la tierra, ni aportará soluciones. Para ello, tendría que contradecir su propia esencia. El Gobierno de Zapatero no se ha preocupado jamás de los problemas reales. Llegó al poder con unos objetivos políticos claros, con una agenda ideológica muy marcada, cual es la de modificar los parámetros de la sociedad española según su particular y sesgada visión de la realidad.

Todo funcionó aceptablemente bien mientras el imprescindible soporte material del sistema (la economía) se mantuvo. Encontraron las arcas llenas gracias a un ciclo económico favorable y a una gestión responsable por parte del anterior gobierno del PP, y en ese entorno, incluso la política de despilfarro que los socialistas llevan en el código genético no parecía notarse mucho. Política de comunicación (o de manipulación) de masas adecuada, en lo que son maestros, y miel sobre hojuelas. Todo parecía ir viento en popa.

Ya al final de la primera legislatura, sin embargo, la temida crisis comenzó a enseñar los dientes. Hubo que ganar las elecciones de 2.008 recurriendo a la mentira en dosis masivas (¿alguien recuerda el debate televisivo entre Solbes y Pizarro? ¿alguien recuerda que esta iba a ser la “legislatura del pleno empleo”?), satanizando a cualquiera que tratara de desengañar a los españoles de cuál era la verdadera situación, en suma, haciendo un ejercicio de demagogia pocas veces conocido.

Como bien dijo el mismo que ahora ocupa la posición preeminente en el Gobierno “España se merece un Gobierno que no le mienta”. Los recodos del camino son misteriosos, y no será casual que el que pronunció aquellas palabras dirija (de facto) ahora, el Gobierno más mentiroso que haya conocido España en democracia.

Se han adoptado medidas contra la crisis, es cierto. Medidas insuficientes, algunas inadecuadas, y todas ellas adoptadas a la fuerza, obligado nuestro siniestro Gobierno por el entorno internacional al que pertenecemos. Si no fuera la presión internacional, hubiéramos seguido por la misma senda. Hoy corremos peligro de convertirnos en Irlanda o Grecia. Si por Zapatero fuera, ya seríamos la Argentina del “corralito” o la Venezuela de hoy.

¿Que soy pesimista? Lo mismo que aquellos que anunciaron en 2.007 o 2.008 lo que ahora está pasando.

Nada fácil lo tendrá el PP cuando le toque gestionar este desastre. Y, cuanto más tarde en producirse el cambio de Gobierno, más se agravará el problema. Esperemos que las elecciones municipales sean el principio del fin del PSOE; sólo entonces podrá iniciarse una muy tímida esperanza de recuperación para el país.