lunes, 15 de octubre de 2012

Debates

Esta última semana (coido que como a meirande parte dos galegos) seguín, con centrada atención, os debates electorais que protagonizaron os aspirantes a presidir a Xunta de Galicia das tres forzas políticas con representación parlamentaria. Confrontar os diferentes programas cos que concurren os partidos e mesmo a visión sobre a acción de goberno que pretenden levar a cabo, de acadar o respaldo que tal fin require, supón, en si mesmo, un avance importante. É un exercicio de madurez e riqueza democrática e un xeito, dende o meu punto de vista, acertado e directo para que a cidadanía, que é, en definitiva, a que ten a potestade para decidir, poida atisbar a valía persoal de quen será o seu máximo representante os videiros catro anos e tamén coñecer de primeira man os seus principais eidos de actuación e o seu posicionamento sobre os asuntos de maior trascendencia para o presente e o futuro da nosa comunidade. Os debates axudan, penso eu, para dicilo de xeito claro e directo, a saber quén e quén, e no amplo sentido do termo ademais. Feita esta primeira consideración, aínda que algúns me acusen de barrer para casa, non albergo ningunha dúbida de que Núñez Feijoo gañou clara e ostensiblemente. E máis, saiu reforzado. Sen entrar a fondo nos contidos, hai un aspecto que, aínda que xa era sabido, marca a diferencia: a consigna de todos contra o PP nin funciona nin convence. A experiencia vivida, aquel binomio Touriño-Quintana, é certo que lle pon a socialistas e nacionalistas o listón moi alto. Pese ós intentos de Vázquez e Jorquera por non mollarse en exceso, a evidencia é irrefutable. Ademais, na vez de dilucidar as condicións do hipotético futuro pacto multipartito, abriron incógnitas. Demasiadas, entendo eu, e máxime cando a pata nacionalista do anterior goberno bipartito afonda, cos seus desmarques, nas diferenzas irreconciliables que hai entre ambos e que, por riba, veríanse agrandadas de ser necesaria a entrada dunha terceira e ata unha cuarta formación política. Facendo un resumo minimalista diría que Manuel Vázquez nin aportou nin aclarou nada sobre as liñas que marcarían o seu goberno e que Francisco Jorquera introduciuse nun terreo escorregadizo ó recoñecer a súa simpatía coa visión soberanista defendida por Mas. Alberto Núñez Feijoo, en definitiva, saliu reforzado polo seu entender (polo programa e pola visión de goberno que defendeu) e polo seu saber estar (serio, responsable e esquivo coas provocacións). A razón deste resultado é sinxela: o PPdeG é a única opción que pode garantir a estabilidade do Goberno en Galicia e Feijoo o único que acreditou un coñecemento claro da situación da nosa comunidade autónoma e das súas necesidades e, o máis importante, o único capaz de asegurar o seu futuro.

1 comentario:

marieta dijo...

Totalmente de acuerdo X.Manuel, una imagen vale más que mil palabras, aparte del programa d cada candidato, dice mucho de éstos lo qué transmite y cómo lo transmite,su seguridad, su saber estar, la serenidad para salir airoso y con elegancia de cualquier ataque sin recurrir a la agresividad ni a las mentiras, para "Paralo" y "Para facerlle frente" (esloganes belicosos, violentos) al único candidato -Feijóo- serio, con rigor, con previsión de futuro, capaz,como bien dices, de llevar adelante algo tan serio y delicado como es el gobierno de Galicia y no un desgobierno en manos de un batiburrillo de gentes dispares, incapaces de ponerse de acuerdo, ni en sus propios partidos, que ya sabemos cómo funcionan y cómo dejan las arcas una vez que llegan al poder, seríamos el hazmerreír de España y el caos para nuestra comunidad. Un saludo